Escola De Porteiros

Metodoloxía Academia de Tecnificación

1. Traballamos con nenos. Non con adultos pequenos. Debemos respectar o seu ritmo formativo.
2. Debemos buscar a mellora de todos/ as. adaptándonos á necesidade de cada un/a e dando, na medida do posible as ferramentas necesarias a todos/ as para que melloren.
3. Debo premiar o comportamento, o esforzo e os valores do club por encima do rendemento deportivo.
4. Adestramos para mellorar. Non para demostrar nin gañar.
5. Non castigar o erro, é necesario para a formación.
O erro non debe ser castigado. Probando, tentando e fallando virá o acerto. Por tanto o erro é necesario para a formación do neno.
6. Reforzar actitudes positivas para que se repitan por encima do castigo. Fomentar un ambiente agradable. Non criticar, corrixir. Adestrar en positivo.
O erro non debe ser castigado nin criticado. Débese reforzar o bo que suceda. As actitudes positivas débense reforzar e fixar. O ambiente agradable no adestramento é fundamental para o bo desenvolvemento da sesión. E abrigo non criticar os erros, senón corrixilos. Ao final trátase de adestrar en positivo.
7. Defensores da práctica intensa. Evitar as filas e fomentar a práctica continua.
Na Academia estamos a favor dos adestramentos continuos onde non haxa apenas paróns. E onde o tempo útil de adestramento sexa o maior tempo posible. Para iso debemos ter orde e preparación previa dos traballos evitando as filas e os tempos vacios sen facer nada. Canto máis tempo este o/a niñ@ en contacto co balón e co xogo, moitísimo mellor.
8. Aproveitar o tempo do adestramento evitando charlas longas. Así fomentamos que o neno/o nena leste xogando a maior parte do adestramento.
O tempo útil do adestramento debe ser moi alto. Para iso debemos aproveitar o maior tempo posible en adestrar. Non debemos abusar das charlas longas. Un par de minutos como moito para explicar os xogos e á práctica. Canto máis tempo este o neno en contacto co balón moito mellor para a súa formación e para a súa diversión. Non nos esquezamos que os nenos e nenas acoden á práctica deste deporte porque é un xogo. E diso trátase: de xogar o maior tempo posible.

Colaboradores

SÍGUENOS @lagodvsport