Gran tarde de fútbol sala feminino vivida o luns no municipal das Pontes

Gran tarde de fútbol sala feminino vivida o luns no municipal das Pontes.

Desde a directiva do club Lago DVSport queremos, unha vez máis, trasladar a nosa gratitude ao Concello das Pontes, á Deputación dá Coruña e á RFGF pola colaboración e confianza mostradas cara á nosa entidade, permitíndonos así, asumir a organización de de a 2ª Concentración Autonómica Alevin Feminina de Fútbol sala.
Por suposto, agradecer a todo o público asistente, ás xogadoras, ás persoas responsables dos clubs que participaron xunto co noso (Comarcal A Fervenza FSF, Academia RedBlue 5 Coruña Futbol Sala e Viaxes Amarelle Fsf ) e ao conxunto arbitral o comportamento e interese mostrado durante todo o evento por adaptarse á normativa vixente en materia de procotolo COVID 19, perseguindo así o obxectivo común de compartir, gozar e animar unha tarde segura de Fútbol sala.
Como non podía ser doutra maneira, tamén queremos destacar o gran apoio dos nosos colaboradores e patrocinadores, é evidente que o camiño percorrido ata o de agora non sería posible sen a súa axuda.
Queremos aproveitar a ocasión para felicitar pola súa magnífica actuación a todas e cada unha das xogadoras que forman o equipo alevín feminino Multimat Lago DVSport, estamos moi orgullos@ s de vós.
GRAZAS A TOD@S.

#LagoDVSport

#aspontes

#futsal

#futsalmasculinoefeminino

#oequipodopobo

#HonestidadeTraballo

#forzalago

#multimatlagodvsport

Gran tarde de fútbol sala feminino vivida o luns no municipal das Pontes

Colaboradores

SÍGUENOS @lagodvsport
-