Equipo senior feminino LAGO DVSPORT

Hoxe hai 2 anos e 9 meses que creamos o noso club, así que para celebralo imos contar unha gran noticia. Lago DVSport seguirá apostando polo futsal feminino coa creación dun equipo senior para a próxima tempada. Todas as xogadoras maiores de 15 anos interesadas en unirse a este proxecto poden contactar co club no número 679371472 ou no correo lagodvsport@gmail.com.

Anunciámosvos tamén que a próxima tempada unirase a noso equipo Alevín Feminino en Liga Galega, un equipo Infantil Feminino.
Lago DVSport ten as portas abertas para todas as xogadoras que queiran formar parte do noso Club e sobre todo que queiran aprender e gozar do Fútbol sala!!!

Equipo senior feminino LAGO DVSPORT

Colaboradores

SÍGUENOS @lagodvsport
-