Novo Mesoiro acolleu a primeira concentración

Novo Mesoiro acolleu a primeira concentración Alevín Feminina da tempada

O pasado xoves 1 de Abril tivo lugar no polideportivo municipal de Novo Mesoiro a 1ª Concentración de Fútbol sala en categoría Alevín Feminina da tempada 2020/2021. Nesta concentración disputáronse as 2 primeiras xornadas do campionato autonómico alevín feminino correspondentes ao grupo para composto polos equipos da Academia Rede Blue 5 Coruña, A Roldana / A Fervenza FSF Narón - Ferrol , Multimat Lago DVSport e Viaxes Amarelle FSF.

A xornada 1 acolleu os enfrontamentos entre a Academia Rede Blue 5 e o Multimat Lago DVSport con vitoria para o conxunto rojillo, e o partido entre A Roldana / A Fervenza FSF Narón - Ferrol e Viaxes Amarelle FSF, con vitoria para as laranxas.

A xornada 2 enfrontou ao Multimat Lago DVSport e o A Roldana / A Fervenza FSF Narón - Ferrol, con vitoria do conxunto departamental, e á Academia Rede Blue 5 Coruña co Viaxes Amarelle FSF, con vitoria novamente para as laranxas.

Á marxe dos resultados, conseguiuse o principal obxectivo deste evento, que é o de fomentar o deporte basee, e máis concretamente o deporte feminino desde idades moi temperás. Todos os equipos gozaron dunha tarde chea de Fútbol sala na que os resultados quedaron nun segundo plano, e a diversión e compañeirismo foron os principais protagonistas.

A adestradora da Academia Rede Blue 5 Coruña, Sandra Blanco, manifestaba o seu orgullo e alegría polo debut do seu esquipo esta tempada: “Afrontamos esta nova tempada tan atípica coas mesmas ganas, ou máis se caben, que os anos anteriores. Desexabamos que chegasen os días de partido para seguir crecendo tanto deportiva como persoalmente. Todas estaban moi nerviosas, ansiosas e ilusionadas por volver vestirse co “traxe de gala”. Estou orgullosa de todas elas por como loitaron por cada balón e, sobre todo, como se divertiron e gozaron como nunca. É un grupo moi unido onde ademais de compañeiras de equipo son amigas. Todas nós cremos na idea.”

Grazas ao traballo realizado por Jose Núñez, Leny, Fani, Ainhona, Carla e Nerea, compoñentes do equipo senior feminino a organización do evento foi todo un éxito, e todos os partidos puideron emitirse en directo grazas ao traballo realizado por Nortelecom para a realización do streaming. A próxima concentración terá lugar o 16/17 de Maio nunha sede por definir, e na que se celebrarán as xornadas 3 e 4 do grupo.

Novo Mesoiro acolleu a primeira concentración

Colaboradores

SÍGUENOS @lagodvsport
-