portada noticia
COMUNICADO LAGO DVSPORT

COMUNICADO LAGO DVSPORT

Completados dous meses de adestramentos a directiva do Lago DVSport volveuse a reunir para valorar a situación actual tanto nas Pontes como a súa contorna. Aínda que estamos moi satisfeitos con como se desenvolveron os adestramentos en todas as categorías, cumprindo estritamente os protocolos e creando un ambiente seguro para os nosos deportistas e adestradores, como así o demostra o feito de non ter ningún incidente na nosa actividade.

A situación da pandemia empeorou considerablemente no noso pobo. Polo que debemos ser responsables e levar a cabo a suspensión dos adestramentos durante un período de dúas semanas, despois das cales nos volveremos a reunir para valorar de novo a situación.

Queremos dar as grazas ao facer d@s deportist@s, familias e sobre todo ao noso corpo técnico xa que, ademais de exercer como educadores e adestradores, foron capaces de asumir a responsabilidade da desinfección tanto do material como das instalacións antes e despois de cada sesión co firme obxectivo de mellorar a seguridade durante os adestramentos.

Moito ánimo a tod@s esperamos estar pronto de novo gozando con tod@ s nos@s nen@s.

#LagoDVSport

#aspontes

#forzalago

#futsalmasculinoyfemenino

#creciendopasitoapasito

#HonestidadyTrabajo

#oequipodopobo

#deporteseguro

Subir